Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18353

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a licitación pública para a contratación do servizo de control da poboación de gaivota no Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0012/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

– Obtención de documentación e información:

– Oficinas da sociedade en Morzós 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

– Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato: servizo.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 133.120 euros sen IVE.

5. Garantías exixidas: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 31 de maio de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura do sobre B: 10 de xuño de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 9 de maio de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.