Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de abril de 2016 pola que se notifican a orde de suspensión, o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/048/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren ausentes os destinatarios.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 21 de marzo de 2016, ordenar a suspensión das obras e incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a Manuel Dacosta Aller e a Ana Mª Brión Gude, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Aldea de Abaixo, Moruxo, no termo municipal de Bergondo, provincia da Coruña.

O día 11 de abril de 2016 a instrutora do expediente formulou o prego de cargos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos citados acordos aos interesados, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselles aos interesados os ditos acordos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro dos acordos que se notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

A orde de suspensión das obras pon fin á vía administrativa. Contra esta os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística