Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo para a elaboración do proxecto e execución da obra de reforma e ampliación do Hospital da Costa (clave LU/15/096.01. E/026/2015).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo de obra:

I. Proxecto e execución da obra de reforma e ampliación do Hospital da Costa, Burela (Lugo). Clave: LU/15/096.01. Expediente: E/026/2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: LU/15/096.01. (E/026/2015).

2. Enderezo da internet do perfil del contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23434.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: reforma e ampliación do Hospital da Costa, Burela (Lugo).

c) CPV: 45215100-8.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (29.9.2015); Boletín Oficial del Estado (2.10.2015); Diario Oficial de Galicia (30.9.2015).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 10.601.167,46 €.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 10.601.167,46 €. Importe total: 12.827.412,63 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.2.2016.

b) Data de formalización do contrato: 8.4.2016.

c) Adxudicataria: Sociedad Anónima de Obras y Servicios, Copasa.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 8.450.000,00 €. Importe total: 10.224.500,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas