Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016 pola que se fai pública a desistencia da contratación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco cun único empresario, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario de cableames estruturados para a rede corporativa da Xunta de Galicia, anunciada pola Resolución do 14 de abril de 2016 (expediente 25/2016).

Mediante a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 3 de maio de 2016 acordouse a desistencia do procedemento de contratación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco cun único empresario, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario de cableados estruturados para a rede corporativa da Xunta de Galicia (expediente 25/2016), anunciado mediante Resolución do 14 de abril de 2016 publicada no DOUE do 16 de abril, no DOG do 20 de abril e no BOE do 23 de abril.

Esta desistencia acórdase en aplicación do artigo 155.4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ao detectarse erros inenmendables nos pregos de prescricións técnicas e en varios dos seus anexos.

A información relativa a este procedemento está publicada no enderezo web do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25915

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia