Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de sectorización do SAUR 4 en Pastoriza.

Mediante Resolución da Alcaldía 679/2016, do 18 de marzo de 2016, aprobouse inicialmente o expediente 38/2014.PSEC de Plan de sectorización do SAUR 4, en Pastoriza, segundo proxecto técnico asinado polo arquitecto Juan A. Roade Rodríguez con data de xaneiro de 2016.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para a área de solo apto para urbanizar delimitada como SAUR-4 no ámbito do Plan de sectorización que se está a aprobar, de conformidade co establecido no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), e que se concreta nos predios con referencia catastral detallados no número 2.2.3 da memoria do plan.

En virtude do disposto polo artigo 86.1.a) LOUG, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados, das 9.30 ás 13.30 horas), e presentar alegacións se o xulgan oportuno.

Arteixo, 29 de marzo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente