Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 7 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado o pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por medio das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril, DOG núm. 96 (do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se debe presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario (teléfono 986 88 51 25).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula, cuxa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 7 de abril de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Camilo Abreu, Frandileidy

Y00835847H

Encarnación Núñez, Daniel Antonio

Y03721414M

Gutiérrez Muñoz, Reyna Fabiana

Y03470744N

Navarro ---, Yamila del Valle

X04617864Q

Da Fonseca Couto, Hermes

077542850Y

Fariña Fariña, Juan José

035488452G