Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria dun técnico en turismo.

Por Resolución da Alcaldía do 3 de maio convócase proceso de selección para a contratación urxente con carácter temporal, dun técnico en turismo para realizar os traballos de encargado/a da Oficina Municipal de Información Turística.

O período de contratación é de catro (4) meses.

Os aspirantes deberán posuír a titulación de diplomado/grao en turismo.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, entre as 8.30 e as 15.00 horas, ata o último día en que remata o prazo de presentación de instancias.

Arzúa, 4 de maio 2016

José Luis García López
Alcalde