Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18082

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5095/2015-M).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5095/2015 desta sección, seguidos por instancia de Javier Peleteiro Antas contra a empresa Televisión De Galicia, S.A., Manpower Team ETT, S.A.U., Start People ETT, S.A. (agora Unique Interim ETT, S.A.U.), sobre incidentes de execución, se ditou sentenza con data do 23 de febreiro de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola procuradora Riva Goimil Martínez, na representación que ten acreditada de Javier Peleteiro Antas, coa asistencia xurídica do letrado Matías Movilla García, contra o auto de data 22 de maio de 2015, ditado polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela, polo que se desestima o recurso de reposición formulado contra auto con data do 24 de marzo de 2015 do mesmo xulgado, en procedemento de execución de sentenza doutros dereitos laborais, seguido por instancia do recorrente fronte a Televisión de Galicia, S.A., e as empresas Manpower Team ETT, S.A. (antes Progem ETT, S.A.), e Start People ETT, S.A. (antes Sesa Start España ETT, S.A. e People Traballo Temporal ETT, S.A.), debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Start People ETT, S.A. (agora Unique Interim ETT, S.A.U.), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza