Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos afectados polo proxecto de instalación dunha antena de aproximación en MOP 10 bar e estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar en Viveiro (expediente IN 627A 2015/14-0).

Por Resolución do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, autorizouse administrativamente, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura gasista de antena de aproximación en MOP 10 bar e estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar para subministración de gas natural a Viveiro (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se publica tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro, deducida da que se someteu a información pública no Boletín Oficial da provincia de Lugo, do 8 de outubro de 2015, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia, do 15 de outubro, e no Diario Oficial de Galicia, do 16 de outubro, para que comparezan no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poden acompañarse dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria Gas Galicia SDG, S.A.

Lugo, 7 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados

Proxecto: antena de aproximación en MOP 10 BAR e estación de regulacion e medida (EMR) MOP 10/4 en Viveiro (Lugo).

Abreviaturas utilizadas: SE expropiación en pleno dominio; SP servidume permanente de paso; OT ocupación temporal; LU-Lugo; VI-Viveiro.

Termo municipal: Viveiro (Lugo).

Nº predio

Titular e enderezo

Afección

Datos catastrais

Lugar

Natureza

SE

(m²)

SP

(m²)

OT

(m²)

Referencia catastral

LU-VI-46

Hros. Samuel Labayén Canoura

Lavandeiras, 17B, 1º, Celeiro

27863 Viveiro, Lugo

8,0

0,0

17,0

4173824PJ1347S0002JW

CR Ribadeo, Torre 160

Prados