Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Intercomarcal de Empresarios de Transporte de Mercadorías (Asitransa).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación Intercomarcal de Empresarios de Transporte de Mercadorías (Asitransa), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcas de Santiago de Compostela, Arzúa, Ordes, A Barcala, O Sar, Noia, Deza, Caldas, Tabeirós-Terra de Montes, Melide, Barbanza, Muros e Xallas.

Profesional: empresarios do transporte de mercadorías por estrada e de actividades auxiliares e complementarias do transporte.

Asinan a acta de constitución: Juan Jesús Oreiro Oreiro, en representación da empresa Iconología y Logística, S.L.; José Antonio Gil Vázquez, en representación da empresa Coruñesa de Servicios Logísticos, S.L.; Alejandro Martínez García, en representación da empresa Ullacargo, S.L., e José Carlos García Cumplido como secretario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego