Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de abril de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución formulada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00905-O-2015).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo formulou proposta de resolución no expediente sancionador número LU-00905-O-2015 iniciado por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a proposta de resolución á persoa interesada no procedemento.

Infórmaselle que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselle un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para presentar as alegacións, documentos e xustificacións que considere conveniente.

Lugo, 26 de abril de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00905-O-2015

1692-FRF

Garda Civil 2701 C30220X

Expósito González, Faustino José

33815294G

Lg. Antiga Nacional VI, 25

27150 Outeiro de Rei (Lugo)

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

25.4.2015; 9.20; N-547; 21,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros