Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (830/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 830/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Garabal Otero contra Proyectos Constructivos del Norte, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza 145/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 830/2015.

Demandante: Jesús Garabal Otero.

Letrado: Sra. Romero Salgado.

Demandado: Proyectos Constructivos del Norte, S.L., hoxe Proyectos Constructivos del Norte, S.L.U.-Proconor, S.L.U.

Letrado:

Ceromat Consuting, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 145/2016.

A Coruña, 31 de marzo de 2016.

Resolución:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Jesús Garabal Otero contra as empresas Proyectos Constructivos del Norte, S.L., hoxe Proyectos Constructivos del Norte, S.L.U. e Ceromat Consulting, S.L. e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e as empresas demandadas por causas imputables a elas, e condeno a estas solidariamente a que lle aboen ao primeiro a cantidade de 4.5.28,91 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidades debidas e condeno as empresas demandadas a lle pagar solidariamente ao traballador, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 19.265,30 euros.

3º. Considérase que o demandante desiste da demanda de despedimento que deu lugar á tramitación do procedemento acumulado como despedimento número 830/2015.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Constructivos del Norte, S.L., Ceromat Consulting, S.L., Proconor, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza