Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (23/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 23/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe García González contra Manzano Vega, S.C., Pablo Alberto Manzano Vega, Pablo Manuel Manzano Fernández e Fogasa, sobre demanda de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 176/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 23/2015.

Demandante: Felipe García González.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandados: Manzano Vega, S.C.

Pablo Manuel Manzano Fernández.

Pablo Alberto Manzano Vega.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 176/2016.

A Coruña, 11 de abril de 2016.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Felipe García González contra a sociedade civil Manzano Vega e contra Pablo Alberto Manzano Vega e Pablo Manuel Manzano Fernández e, en consecuencia, condeno solidariamente a estes a lle pagar ao primeiro a suma de 8.698,14 euros en concepto de salarios debidos, así como a lle aboar o xuro de mora do 10 %.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicada no día da súa data».

E para que conste e sirva de notificación a Manzano Vega, S.C., Pablo Alberto Manzano Vega e Pablo Manuel Manzano Fernández, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza