Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (96/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 96/2015

Procedemento de orixe: procedemento 202/2012

Sobre: ordinario

Demandante: Mario Mougan Valdés

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Falcon Contratas y Seguridad, S.A.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 96/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Mougan Valdés contra a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta.

«Parte dispositiva: para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Decrétase o embargo sobre o saldo existente en calquera das contas bancarias en que apareza como titular o executado Falcon Contratas y Seguridad, S.A. ata cubrir o importe de 4.521,91 euros de principal e 452,19 euros provisionalmente orzados para xuros, gastos e custas, e practíquese telematicamente a través do punto neutro xudicial.

Acórdase, así mesmo, o embargo sobre as devolucións do IVE, IRPF ou calquera outro imposto que o executado Falcon Contratas y Seguridad, S.A. tivese ao seu favor na Axencia Tributaria ata cubrir o importe de 4.521,91 euros de principal e 452,19 euros provisionalmente orzados para xuros, gastos e custas, e practíquese telematicamente a través do punto neutro xudicial.

– Requirir a Falcon Contratas y Seguridad, S.A. co fin de que no prazo de cinco días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta 1596 clave 64 N, aberta en Banesto, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

E para que lle sirva de notificación en legal forma do decreto de data 5 de xaneiro de 2015 a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial