Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (847/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 847/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Casais García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte sentenza, con data do 15 de marzo de 2016, cuxa resolución se xunta:

«Resolvo:

Estimar integramente a demanda promovida por Martín Casais García contra a mercantil Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condenar a referida entidade a lle aboar á demandante a cantidade de 513,06 euros, incrementada nun 10 % en concepto de xuros de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), non cabe recurso».

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza