Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (342/2015).

Seguridade Social 342/2015

Procedemento de orixe: sobre seguridade social

Demandante: Ana María García Fernández

Avogada: Patricia Rivas Villa

Demandados: Servizo Galego de Saúde Sergas, Instituto Nacional da Seguridade Social, Pastoriza e Moreda, S.C., Mutua Fremap, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asesoría Xurídica

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de Seguridade Social 342/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María García Fernández contra Servizo Galego de Saúde Sergas, Instituto Nacional da Seguridade Social, Pastoriza e Moreda, S.C., Mutua Fremap, Tesouraría Xeral da Seguridade Social Asesoría Xurídica, se ditou sentenza cuxa decisión é a que segue:

Estimando a demanda interposta por Ana María García Fernández, fronte á mutua Fremap, INSS e TXGSS, Sergas e Pastoriza e Moreda, S.C. (Jorge César Díaz Pastoriza e Xaquín Moreda González) declaro que a incapacidade temporal iniciada pola demandante o día 19 de marzo de 2015 se debe a accidente de traballo e condeno a mutua Fremap a estar e pasar por esta declaración e ao aboamento das prestacións que regulamentariamente procedan. Absolvo o resto de codemandados da pretensión suscitada fronte a eles.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pastoriza e Moreda, S.C., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza