Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (967/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 967/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Gloria Sieira Tarela contra a empresa Servanza, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa decisión se xunta:

«Decido

Estimar integramente a demanda promovida por Gloria Sieira Tarela contra a mercantil Servanza, S.L. e, en consecuencia, condenar a referida entidade a lle aboar á demandante a cantidade de 3.787,65 €, incrementada nun 10 % en concepto de xuros de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días».

Para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza