Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude, por instancia de parte, para a actualización do proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación San Antonio V fracción segunda número 5736.2, na provincia de Lugo, e o seu outorgamento.

Advertido erro na resolución, publicada no DOG núm. 81, do 28 de abril de 2016, cómpre realizar a oportuna rectificación no último parágrafo, que se substituirá polo seguinte:

«As persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello de Friol e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».