Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-013/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 11 de abril de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-013/16.

Nome: María Isabel Domínguez Goberna.

Enderezo: rúa Anduriña, número 19, bloque 1-2º B, Vigo.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 551,80 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímola para o pagamento de seis recibos de alugamento por un importe total de 365,46 € e dous recibos da taxa de auga e lixo de 93,83 € e 92,51 €, respectivamente, relativos á vivienda que ten adxudicada en réxime de alugueiro e correspondentes ao período comprendido entre o 1.1.2014 e o 1.2.2016, ambos os dous incluídos.

Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigacións, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que xulgue convenientes.

Advertímola de que, no caso de non atender este requirimento, se procedera á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.