Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1044/2012).

PO. Procedemento ordinario 1044/2012

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Juan José Coto Varela

Avogado: Xavier Catro Martínez

Demandados: administrador concursal, Fondo de Garantía Salarial

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1044/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Coto Varela contra Esabe Vigilancia, S.A., Bubos Securitas, S.A. e outros, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 1044/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Juan José Coto Varela, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, Bubos Securitas, S.A., que non comparece, Vigilancia Integrada, S.A., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. e Vigilancia Integrada, S.A. (actualmente Ilunion Seguridad, S.A.) a pagar solidariamente a Juan José Coto Varela 12.697,61 euros, cantidade que devindicará o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), e condeno a Vigilancia Integrada, S.A. a pagarlle ao demandante 40,08 euros, cantidade que devindicará o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno o Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Bubos Securitas, S.A. e a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza