Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de descualificación como empresa de inserción laboral, regulado no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, relativo ao expediente TR356B 2009/2-0.

Con data do 19 de xuño de 2015, a directora xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda o inicio do expediente de descualificación como empresa de inserción laboral á empresa EIL Servizos Comunitarios de Galicia, S.L. (Sercoga) con número de expediente TR356B 2009/2-0, en virtude da competencia atribuída nos artigos 8 e 9 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, e se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto).

Intentada a notificación deste acordo por dúas veces non foi posible a súa práctica, en consecuencia, por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela e formular as alegacións que considere pertinentes.

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria asume as competencias da extinta Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, de acordo co previsto no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

De conformidade co previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente dentro do mesmo prazo, depositado nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A interesada poderá presentarse nestas dependencias das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Nº de expediente: TR356B 2009/2-0.

Beneficiario: EIL Servizos Comunitarios de Galicia, S.L. (Sercoga).

CIF: B-32390544.

Nº Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia: 66/008/2009/EIL.

Último enderezo coñecido: avda. Portugal, 93 baixo, 32002 Ourense.

Procedemento: descualificación de empresas de inserción laboral (EIL).

Data da resolución de cualificación: 10.6.2009.

Feitos imputados: non presentar a documentación suxeita a constancia rexistral relativa aos exercicios 2012, 2013 e 2014, e non ter contratadas a persoas en situación ou risco de exclusión social en proceso de inserción.

Preceptos infrinxidos: artigo 8.1 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, e se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto):

a) O incumprimento da finalidade primordial de integración sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.

b) O incumprimento ou perda dalgún dos requisitos necesarios para ser considerada empresa de inserción.

c) O incumprimento de forma continuada das obrigas inherentes á súa propia natureza, incluídos os incumprimentos en materia de inscrición e constancia rexistral.

Contido da resolución: acordo de inicio de expediente de descualificación como empresa de inserción laboral.