Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1307/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1307/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Barbeito Iglesias contra a empresa Francisco Javier Castro López, Concello de Arteixo, Jaime Juncal Iglesias, administración concursal Galicia Saudade, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), Fogasa, Jesús Iglesias Lira, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de febreiro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1307/2012, en que son parte, dun lado, como demandante, María Isabel Barbeito Iglesias, asistida polo letrado José Miguel López Pérez, e como demandados, administración concursal de Galicia Saudade, que non comparece; os administradores da entidade Galicia Saudade, S.L., Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias e Jesús Iglesias Lira, que non comparecen; Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., representado polo letrado José Miguel Orantes Canales; Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan), representado pola letrada Beatriz Regos Concha; Concello de Arteixo, representado pola letrada Elena Villafañe Verdejo, e o Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando en parte a demanda interposta por María Isabel Barbeito Iglesias contra Galicia Saudade, S.L., en situación de concurso, administración concursal, administradores da entidade Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan) e Concello de Arteixo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Concello de Arteixo a que aboen solidariamente á demandante a cantidade de 1.680,80 euros, máis o xuro do 10 % por demora na forma establecida no fundamento xurídico sexto, debendo avirse a esta declaración a Administración concursal, con absolución dos administradores da entidade Galicia Saudade, S.L. e Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan).

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Javier Castro López e Jesús Iglesias Lira, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza