Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a celebración dunha poxa pública de bens e dereitos.

O día 8 de xuño de 2016, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal, nº 62, local 3, de Vigo) celebrarase a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Predio de Vigo Nº 66620

Descrición do predio:

Urbana. Local número da propiedade horizontal UN E). Situada en Vigo na rúa Coruña co número 24, planta +1, cunha superficie construída de vinte e cinco metros cadrados. Estremas: norte, zona de acceso común; sur, edificio número vinte e dous da rúa da Coruña, en réxime de propiedade horizontal; leste, patio de luces; oeste, zona de accesos comúns e local C). Cota: cero enteiros, duascentas vinte e unha milésimas por cento. Outros: baixo cuberta descrición: local que nun plano de parcelación interior é coñecido como “D1=D2” na planta baixo cuberta.

Identificador único de predio rexistral: 36020000182419.

Titularidades:

Espiña Casals, Pedro Jesús

36027705E

Comesaña Fernández, María Jesús

100,00 % do pleno dominio con carácter presuntivamente ganancial.

Título: adquirida por compravenda en virtude de escritura pública, autorizada polo notario Alfredo Arturo Lorenzo Otero, baixo o número 2.183 do seu protocolo.

Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo, tomo 917, libro 917, folio 143, predio 66620, alta 1.

21.721,00 €

Non constan

21.721,00 €

500,00 €

2

Predio de Vigo nº: 3171

Descrición do predio:

Urbana, denominada As Travesas, a labradío, viña en parra, xardín e bosque, onde se sitúa unha casa de baixo e piso e obra de planta baixa, unida á anterior con lagar; existían ademais na leira, un depósito ou presa para a sua fertilización, pozo de auga potable, duas fontes e un hórreo, formando todo un lugar, nesta cidade e municipio de Vigo. Mide (despois da segregación dunha parcela de mil dezanove metros cincuenta decímetros cadrados, de forma irregular, no interior daquela, contida na escritura autorizada polo notario Gerardo García Boente Sánchez de vinte e seis

297.150,00 €

– Afecta por cinco anos a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 20 de decembro de 2013, á marxe da inscrición 18ª.

297.150,00 €

1.000,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

de xaneiro de mil novecentos oitenta e oito baixo o número 139 de orde do seu protocolo, na cal a parcela segregada foi cedida ao Concello de Vigo) a superficie de cinco mil oitocentos oitenta e un metros cincuenta decímetros cadrados.

Estrema: ao norte, devesa de José Ribas, hoxe camiño interior de Seara e terreo de Daniel Alonso González; sur, labradío dos herdeiros de María Ribas Alonso, hoxe da compañía mercantil Anca, S.L.; leste, antiga estrada de Baiona, hoxe camiño da Seara; e oeste, valado de contención e regueiro que o separa de terreos de José Ribas, hoxe dos irmáns Ribas González. Con fronte ao expresado camiño da Seara foi construído un edificio industrial en cantaría e recuberto de tella, que ocupa setecentos metros cadrados de extensión, hoxe en ruínas. No seu interior atópase a parcela de forma irregular con superficie de mil dezanove metros cincuenta decímetros cadrados cedida ao Concello de Vigo, coa que estrema por todos os seus ventos.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 147 sección 1ª.

folio 147 volto, predio 3171, inscrición 13ª.

Titularidades:

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de - A86602158

Tomo 1596, libro 1596, folio 119, alta 8.

Participación: 75,00 % do pleno dominio.

Título: adquirida por tansmisión de activos.

Ribas González, María Teresa - 35811790P

Tomo 1596, libro 1596, folio 120 alta 20

Participación: 25,00 % do pleno dominio con carácter privativo.

Título: adquirida por adxudicación.

Na inscrición 14ª consta que mide, despois da segregación que non tivo acceso ao Rexistro dunha parcela de 1,019,50 metros cadrados, contida en escritura outorgada ante o notario de Vigo Gerardo García Boente Sánchez, o 26 de xaneiro de 1988, nº 139 do protocolo, a superficie de 5.881,50 metros cadrados.

*Segundo documento privado subscrito o 15 de decembro de 1997 María Teresa Ribas González, dona con carácter privativo dunha cuarta parte indivisa da dita leira, véndella a Basilio Martínez Serodio.

A anotación de embargo foi practicada sobre o 25 % de pleno dominio titularidade de Basilio Martínez Serodio.

Segundo sentenza 14/2012, do 24.1.2012, do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, interposta por Basilio Martínez Serodio fronte a Alberto Casal Rivas e Teresa Ribas González, condena aos demandados:

A) A recoñecer a titularidade exclusivamente privativa da leira anteriormente descrita a favor de María Teresa Ribas González, na cota de propiedade (¼) que corresponde, e que así se faga constar no rexistro da propiedade nas súas respectivas inscricións rexistrais, rectificándose, anulándose e deixándose sen efecto a mención respecto ao carácter presuntivamente ganancial do ben que consta no Rexistro da Propiedade de Vigo.

– Afecta por cinco anos a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 13 de febreiro de 2014, á marxe da inscrición 19ª.

– Afecta por cinco años a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 22 de maio de 2014, á marxe da inscrición 20ª.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

B) Que se condene así a ambos os dous demandados a recoñecer a plena validez e eficacia das compravendas outorgadas por María Teresa Ribas González a favor de Basilio Martínez Serodio da cota de propiedade que lle pertence.

C) Que se condene, en consecuencia, a María Teresa Ribas González a outorgar, como titular privativa, as escrituras de elevación a público das vendas realizadas a favor de Basilio Martínez Serodio, e que as ditas escrituras notariais de compravenda sexan inscritas no rexistro da propiedade sen necesidade de comparecencia do Sr. Casal Rivas, co pagamento simultáneo por parte compradora-demandante a favor de María Teresa Ribas González, como parte vendedora da parte do prezo que está pendente conforme o estipulado nos contratos de compravenda.

3

Predio de Vigo nº: 52948

Urbana, antes rústica, a labradío e canaval, hoxe destinada a edificación, nomeada Campo de Ganoi ou da Presa, nesta cidade e municipio de Vigo, que mide na actualidade (despois dunha segregación de catrocentos sesenta e seis metros cadrados contida na escritura autorizada polo notario Luciano Canoa Galiana de vinte e catro de abril de mil novecentos oitenta e cinco baixo o número 1715 de orde de protocolo do seu compañeiro de residencia Alberto Casal Rivas, e outra de cento corenta e catro metros cincuenta decímetros cadrados contida en escritura autorizada polo notario Gerardo García Boente Sánchez de vinte e seis de xaneiro de mil novecentos oitenta e oito baixo o número 139 de orde do seu protocolo, a superficie de mil cento sesenta e sete metros cincuenta decímetros cadrados.

Estrema: norte, con terreos de Daniel Alonso González, antes de José Ribas; sur, de heredeiros de Francisco Ribas, hoxe da compañía mercantil Anca, S.L.; leste, con valado e rego en medio que separa doutra leira dos irmáns Ribas González; e oeste, de Eduardo Vázquez Gómez, Manuel Fernández Abella, Antonio Rivas Fernández e a compañía mercantil Frapejus, S.A.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 1049, folio 119, predio 52948.

Titularidades:

Ribas González, María Teresa

Tomo 535, libro 535, folio 119, alta 1

Participación: 25,00 % do pleno dominio con carácter privativo.

Título: adquirida por adxudicación.

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de - A86602158

Tomo 1096, libro 1096, folio 149, alta 6

Participación: 75,00 % do pleno dominio

Título: adquirida por transmisión de activos.

59.104,50 €

– Afecta por cinco anos a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 20 de decembro de 2013, á marxe da inscrición 6ª.

– Afecta por cinco anos a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 13 de febreiro de 2014, á marxe da inscrición 7ª.

– Afecta por cinco anos a complementaria que no seu caso puider proceder, segundo nota do 12 de xuño de 2015, á marxe da inscrición 8ª.

59.104,50 €

1.000,00 €

Na inscrición 2ª consta que, na actualidade, despois dunha segregación de 144,50 metros cadrados, que non tivo acceso ao Rexistro, contida na escritura outorgada o 26 de xaneiro de 1988 ante o notario de Vigo Gerardo García Boente Sánchez, nº 139 do protocolo, a superficie de 1.167,50 metros cadrados.

Segundo documento privado subscrito o 15 de decembro de 1997 María Teresa Ribas González, dona con carácter privativo dunha cuarta parte indivisa da dita leira, véndella Basilio Martínez Serodio.

A anotación de embargo foi practicada sobre o 25 % de pleno dominio titularidade de Basilio Martínez Serodio.

Segundo sentenza nº 14/2012, do 24.1.2012, do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, interposta por Basilio Marínez Serodio fronte a Alberto Casal Rivas e Teresa Ribas González, condena aos demandados:

A) A recoñecer a titularidade exclusivamente privativa da leira anteriormente descrita a favor de María Teresa Ribas González, na cota de propiedade (¼) que lle corresponde, e que así se faga constar no rexistro da propiedade nas suas respectivas inscricións rexistrais, rectificándose, anulándose e deixándose sen efecto a mención respecto ao carácter presuntivamente ganancial do ben que consta no Rexistro da Propiedade de Vigo.

B) Que se condene así a ambos os dous demandados a recoñecer a plena validez e eficacia das compravendas outorgadas por María Teresa Ribas González a favor de Basilio Martínez Serodio da cota de propiedade que lle pertence.

C) Que se condene en consecuencia a María Teresa Ribas González a outorgar, como titular privativa, as escrituras de elevación a público das vendas realizadas a favor de Basilio Martínez Serodio, e que as ditas escrituras notariais de compravenda sexan inscritas no rexistro da propiedade sen necesidade de comparecencia do Sr. Casal Rivas, co pagamento simultáneo por parte compradora-demandante a favor de María Teresa Ribas González, como parte vendedora da parte do prezo que está pendente conforme o estipulado nos contratos de compravenda.

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente, que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso, admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto nos artigos 104.7 e 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo que se considere oportuno co límite de seis meses, e pódense presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

Vigo, 18 de abril de 2016

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo