Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016 pola que se fai público o cofinanciamento dunha obra hidráulica polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo da seguinte actuación, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor de obra cun único criterio de adxudicación (prezo).

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo.

2. Obxecto do contrato:

Título: mellora no abastecemento da Cañiza (Pontevedra).

Clave do expediente: M.15043.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.573,10 euros. Importe total: 59.983,45 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 16 de setembro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 49.374,85 euros. Importe total: 59.743,57 euros.

Contratista: Teswater Global, S.L.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga (auga potable). Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento, tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia