Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15572

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2657/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2657/2015 desta sección, seguido por instancia de Raúl Cao Romero contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidade-Muprespa, Okay Group World, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que considerando o recurso de suplicación presentado polo letrado Sr. Hermelo Fernández, actuando en nome e representación de Raúl Cao Romero, contra a sentenza con data do tres de marzo de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en autos nº 638/2014 seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fraternidade Muprespa e a empresa Okay Grupo World, S.A. declaramos que a continxencia correspondente á Incapacidade Temporal iniciada polo demandante o día 19 de maio de 2014, é a de accidente de traballo e condenamos as referidas codemandadas a estar e pasar polo anterior pronunciamento e a Mutua Fraternidade Muprespa ao aboamento da correspondente prestación sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Okay Group World, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza