Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15571

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3139/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3139/2015 desta sección, seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía, Herrero y Cía Alimentación, Luis Núñez Maestu sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Herrero y Cía, Herrero y Cía Alimentación, Luis Núñez Maestu, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan de autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza