Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15241

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (106/2015).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 106/2015, seguido por instancia de María Teresa Taibo Rodríguez contra Roberto Ferreira de Oliveira, en que se ditou a sentenza do 8 de marzo de 2016 cuxo teor literal é o que segue:

Sentenza.

Betanzos, 8 de marzo de 2016.

O día 8 de marzo do ano en curso celebrouse ante este xulgado o xuízo sobre divorcio contencioso número 106/14. É parte demandante María Teresa Taibo Rodríguez, representada pola procuradora Amparo Cagiao Rivas e defendido polo letrado Raúl Miramontes Santiso. É parte demandada Roberto Ferreira de Oliveira.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 3 de marzo de 2015 foi presentada en representación da demandante demanda de divorcio en que se manifestou que a demandante contraeu matrimonio co demandado o 6 de abril de 1974 na localidade da Coruña e que, por virtude de escritura pública de data do 8 de febreiro de 1978 o seu réxime económico matrimonial é o de separación de bens.

Coa demanda presentouse a certificación da inscrición do matrimonio expedida polo Rexistro Civil da Coruña e a certificación literal de nacemento da filla común, actualmente maior de idade, expedida polo mesmo Rexistro Civil.

Segundo. O Decreto do 13 de maio de 2015 admitiu a trámite a demanda e acordou dar traslado dela ao demandado para a súa contestación. Roberto Ferreira de Oliveira foi emprazado e, posteriormente, declarado en situación de rebeldía procesual e citado á vista a través de edictos.

Terceiro. No acto do xuízo a parte demandante solicitou como medio de proba a documental achegada co escrito de demanda, a cal foi admitida.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Solicítase na demanda a disolución do matrimonio por divorcio existente entre María Teresa e Roberto, sen que sexa preciso adoptar medida ningunha para rexer a situación posterior ao divorcio.

Segundo. De acordo co artigo 496 da Lei de axuizamento civil, será declarado en situación de rebeldía procesual o demandado que non compareza en forma na data ou no prazo sinalado na citación ou emprazamento, e que a declaración de rebeldía non será considerada como achantamento nin como admisión dos feitos da demanda, salvo os casos en que a lei expresamente dispoña o contrario. O artigo 770.3 do mesmo texto legal, á vista deberán concorrer as partes por si mesmas, con apercibimento de que a súa incomparecencia sen causa xustificada poderá determinar que se consideren admitidos os feitos alegados pola parte que compareza para fundamentar as súas peticións sobre medidas definitivas de carácter patrimonial. Tamén será obrigatoria a presenza dos avogados respectivos.

Terceiro. O artigo 86 do Código civil establece que se decretará xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, de ambos os dous, ou de un co consentimento do outro cando concorran os requisitos e circunstancias exixidos no artigo 81. O número 2 do dito artigo di que se decretará xudicialmente a separación calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio, e que á demanda se lle xunte unha proposta fundada das medidas que deban regular os efectos derivados da separación.

Concorren no presente caso os presupostos legais para decretar a disolución do vínculo matrimonial solicitado, pois transcorreron máis de tres meses desde a celebración do matrimonio, existe petición por un dos cónxuxes e manifestouse na demanda a non necesidade de adoptar medida posterior ao divorcio.

Terceiro. Non procede a condena en custas dadas as especiais circunstancias concorrentes nos procedementos de familia.

Resolución:

Declaro disolto por divorcio o vínculo matrimonial existente ata entón entre María Teresa Taibo Rodríguez e Roberto Ferreira de Oliveira.

Declaro a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se efectúa pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta, miña sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos.

Betanzos, 4 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza