Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1082/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1082/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carla María Placer García contra a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

Na Coruña o 30 de marzo de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1082/2013, en que son parte, dunha banda, como demandante, Carla María Placer García, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, e, como demandados, Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que xulgou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante Carla María Placer García, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.292,46 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza