Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (584/2012).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 584/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Vázquez Iglesias contra Promociones Inmobiliarias Premier Betanzos, S.L., Servicio Público de Empeo Estatal, administrador concursal de Promociones Inmobiliarias Premier Betanzos, S.L. sobre Seguridade Social, se ditou a Resolución, con data do 31 de marzo de 2016, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Inmobiliarias Premier Betanzos, S.L., administrador concursal de Promociones Inmobiliarias Premier Betanzos, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza