Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15239

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (647/2009).

Procedemento: filiación 647/2009

Sobre outras materias

De Iris Morgade Rodríguez

Procuradora: María del Carmen Sánchez Fernández

Contra César Augusto Rodríguez Sierra

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 22 de maio de 2013.

Flora Lomo del Olmo, maxistrada de Primeira Instancia de Vigo, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 647/2009-N por instancia de Iris Morgade Rodríguez, representada pola procuradora Carmen Sánchez Fernández contra César Augusto Rodríguez Sierra.

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora Carmen Sánchez González, en nome e representación de Iris Morgade Rodríguez, fronte a César Augusto Rodríguez Sierra, debo declarar e declaro que esta non é filla biolóxica do referido demandado, coa consecuente nulidade do recoñecemento que en tal sentido se efectuou ante o Rexistro Civil, ao cal se expedirá o oportuno mandamento co fin de que cancele o asento relativo á inscrición non matrimonial da filiación da demandante respecto ao demandado, rectificando os apelidos, para que consten os que tiña inicialmente (os maternos, Morgade Costas), todo iso sen efectuar expresa condena en custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3561-0000-, e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia da non localización de César Augusto Rodríguez Sierra, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 9 de abril de 2015

O/a secretario/a xudicial