Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15237

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (332/2015).

Eu, Adriana Álvarez Gorgojo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento DCT 332/2015 seguido por instancia de Pedro José Barral Lorenzo fronte a Indira Alina Martínez Domínguez ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora María José Giménez Campos, en nome e representación de Pedro José Barral Lorenzo, contra Indira Alina Martínez Domínguez, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 5 de febreiro de 2013 que foi inscrito no tomo 91, páxina 047, da Sección Segunda do Rexistro Civil de Poio, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Poio.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos vinte días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E encontrándose a devandita demandada, Indira Alina Martínez Domínguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 8 de marzo de 2016

A secretaria xudicial