Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (945/2012).

Demandante: Pablo Rodríguez Mota

Avogada: Natalia Ervite Álvarez

Demandados: administrador concursal, Fogasa e Esabe Vigilancia, S.A.

Avogado: avogado do Estado

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 945/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Mota contra o administrador concursal, Fogasa e Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva di así:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes, o administrador concursal e o Fogasa para que comparezan o día 2 de xuño de 2016 ás 11.15 na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, o 2 de xuño de 2016 ás 11.20 do mesmo día, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtaselles ás partes que, en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante que non compareza será tido por desistido da súa demanda, e a non comparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, xa que continuárá o procedemento sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtesellle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza