Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (596/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 596/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción Villamarín Toimil contra Mami Plus, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Concepción Villamarín Toimil, asistida por la letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Mami Plus, S.L. e o Fogasa, que non comparecen pese a estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 4.250,06 euros como cantidades debidas, máis o xuros de mora do 10 % sobre esta cantidade.

Debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtaselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza