Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (278/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 278/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ramón Varela Graña contra a empresa Yesos y Escayolas J. Liste, S.L. e Servizo Público de Emprego Estatal, sobre reclamación contra a denegación de prestación por desemprego, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Ramón Varela Graña contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Yesos y Escayolas J. Liste, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación por desemprego, cunha base reguladora diaria de 44,09 euros, condenando ás demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, declarando a responsabilidade directa da empresa Yesos y Escayolas J. Liste, S.L. pola prestación por desemprego á que ten dereito o demandante conforme unha base reguladora de 44,09 euros diarios, por incorrer en infracotización, con obriga de anticipo por parte do Servizo Público de Emprego Estatal, sen prexuízo das accións de repetición que poidan corresponderlle ao SPEE fronte á mercantil Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yesos y Escayolas J. Liste, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

A letrada da Administración de Xustiza