Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 14/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra a empresa Centro Enseñanza Aprendo, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Centro Enseñanza Aprendo, S.L. en situación de insolvencia por importe de 45.166,34 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza