Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial da Agra-solo urbanizable delimitado 2 do concello de Laxe.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria do 18 de marzo de 2016, aprobou definitivamente o Plan parcial da Agra-solo urbanizable delimitado 2 do concello de Laxe, acordo que ten o seguinte teor literal:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial da Agra-solo urbanizable delimitado 2 do concello de Laxe.

Segundo. Estimar as alegacións segundo o informe proposto formulado polo equipo redator e que figura incorporado á documentación do plan parcial.

Tercero. Desestimar as alegacións segundo o informe proposta formulado polo equipo redactor.

Cuarto. Notificar as alegacións de xeito individualizado a cada un dos particulares.

Quinto. Remitir o documento do plan parcial definitivamente aprobado, xunto con toda a documentación que o integra, debidamente dilixenciado pola secretaría, á consellería competente en materia de urbanismo e de ordenación do territorio da Xunta de Galicia.

Sexto. Remitir o plan parcial aprobado, xunto coa documentación e informes exixidos polo artigo 14 da Lei 9/2006, á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Sétimo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, así como na páxina web do Concello de Laxe».

Laxe, 7 de abril de 2016.

Jose Manuel Mouzo Castiñeira
Alcalde