O 9 de marzo de 2016, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2015319AL-CO, incoado a Col Servicol, S.L.
Unha vez intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Col Servicol, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 30 de marzo de 2016
A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2015319AL-CO.
Interesada: Col Servicol, S.L.
DNI/NIF/CIF: B29682127.
Último enderezo coñecido: parcela 143 bis, pol. industrial de Sabón, 15412 Arteixo.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Normativa infrinxida:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril, rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007).
– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO nº L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.
– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo).
– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE nº 31, do 1 de febreiro).
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 4.000 €.
Ademais, transcorrido o prazo dun mes sen que se interpoña o devandito recurso, esta resolución será executiva, polo que, en aplicación do artigo 72.4 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, a medida preventiva de inmobilización provisional nº 69/15 quedaría extinguida.