O 9 de marzo de 2016, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2015257TA-CO, incoado a Juan Bermúdez Alcalde.
Unha vez intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Juan Bermúdez Alcalde o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, da Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 30 de marzo de 2016
A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2015257TA-CO.
Interesado: Juan Bermúdez Alcalde.
DNI/NIF/CIF: 42757905P.
Último enderezo coñecido: rúa Manzanares, 1-2º, 15960 Ribeira.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Normativa infrinxida: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 30 €.