Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (94/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 94/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Ramón Buján Olveira, Marcos Puente García contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Raúl Ramón Buján Olveira e Marcos Puente García presentaron demanda de execución fronte a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto en que despacha execución respecto de Raúl Ramón Buján Olveira, con data do 13.4.2015, por un total de 8.982,99 euros de principal (6.525,43 euros de salarios de trámite + 1.890,43 euros de salario do mes de xullo de 2014 + 567,13 euros correspondente ao 30 % da nómina do mes de maio de 2014) e de 898,29 euros.

Terceiro. Ditouse auto en que se despacha execución respecto de Marcos Puente García na ETX 280/15, con data do 26.11.2015 por un total de 1.667,86 euros e de 166,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Cuarto. Por Decreto do 23.2.2016 acumúlase a ETX 280/15 á presente execución e continúan ambas como unha soa execución.

Quinto. Non se atoparon bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Sexto. Na CDC deste xulgado está consignada a cantidade de 13,48 euros con data do 14.5.2015.

Sétimo. Despois de detraer esa cantidade da parte que corresponde ao coexecutante Raúl Ramón Buján Olveira, a cantidade resultante sería:

10.637,37 euros de principal (de Raúl Ramón Buján Olveira: 8.969,51 euros [6.514,98 euros de salarios de tramitación + 1.887,40 euros da nómina de xullo de 2014 + 567,13 euros do 30 % da nómina de maio de 2014] + de Marcos Puente García: 1.667,86 euros) e a cantidade de 1.065,08 euros (898,29 euros de Raúl Ramón Buján Olveira + 166,78 euros de Marcos Puente García) orzados para xuros, gastos e custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en situación de insolvencia parcial por importe de 10.637,37 euros de principal (de Raúl Ramón Buján Olveira: 8.969,51 euros [6.514,98 euros de salarios de tramitación + 1.887,40 euros da nómina de xullo de 2014 + 567,13 euros do 30 % nómina de maio de 2014 ] + de Marcos Puente García: 1.667,86 euros) e a cantidade de 1.065,08 euros (898,29 euros de Raúl Ramón Buján Olveira + 166,78 euros de Marcos Puente García) orzados para xuros, gastos e custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolución letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administracion de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza