Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (698/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 698/2013 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa José Ramón Rojo Sande, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.3.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega fronte á empresa José Ramón Rojo Sande, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, condénase a empresa José Ramón Rojo Sande a aboar á Mutua Gallega a cantidade de dous mil trescentos cincuenta e un euros con corenta e nove céntimos de euro (2.351,49 euros), debendo responder subsidiariamente da cantidade de novecentos sete euros con dezaoito céntimos de euro (907,18 euros) o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como servizo de caixa única.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Ramón Rojo Sande, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial