Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13996

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (1643/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, anuncio que no presente procedemento de divorcio contencioso 1643/2015, seguido por instancia de Yahaira Orozco Romero contra Robin Daniel Wong, foi ditada a sentenza 134/2016, do 28 de marzo, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Maestre Ortuño, en nome e representación de Yahaira Orozco Romero, asistida da letrada Sra. Moure Caamaño, contra Robin Daniel Wong, con pasaporte nº NL 5786435, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes con data do 1 de abril de 2011 en Ames, inscrito no Rexistro Civil desa localidade no tomo 31, páxina 131, sección 2ª do citado Rexistro Civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E encontrándose o dito demandado, Robin Daniel Wong, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza