Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13994

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2975/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2975/2015 MJC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 637/2014. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Pizarras de León, S.A., Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Pizarras Intradima, S.L.

Avogados: Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2975/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Pizarras de León, S.A., Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Barreda López e Hijos, S.L., Tomás Araújo Rodríguez, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza de data 5 de decembro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en autos 637/2014, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a Pizarras de León, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2011

A letrada da Administración de xustiza