Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13998

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (104/2015).

José Otero Ruibal, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 104/2015 seguido por instancia de Galego Serrano 2000, S.L. fronte a Cym Lérez, S.L., se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 83/2015.

Caldas de Reis, 23 de xuño de 2015.

Demandante: Galego Serrano 2000, S.L.

Letrado: Marcel Riera Reberte.

Procuradora: Patricia Conde Abuín.

Demandada: Cym Lérez, S.L. (en rebeldía).

Obxecto: acción de reclamación de cantidade derivada de contrato de hospedaxe.

– Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido:

Estímase na súa integridade a demanda interposta por Galego Serrano 2000, S.L. contra Cym Lérez, S.L. e, en consecuencia, condénase á demandada a aboar á demandante a cantidade de catro mil seiscentos sesenta e nove euros con cincuenta céntimos (4.669,50 €).

Imponse á parte demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial no prazo de vinte días desde a notificación da resolución, sendo requisito indispensable para admitir a trámite este, a constitución de depósito por importe de cincuenta euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así o acorda, Cristina Sánchez Neira, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis».

E encontrándose o devandito demandado, Cym Lérez, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Caldas de Reis, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial