Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13990

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3173/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3173/2015 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 59/2015, Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Manuel Garea Vega, Manuel Álvarez e Hijos, S.A.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3173/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Manuel Álvarez e Hijos, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, fronte á sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 22 de abril de 2015, en autos 59/2015, que revogamos e desestimando a demanda interposta por Mutua Fremap, confirmamos a resolución administrativa impugnada e absolvemos os demandados das pretensións formuladas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Álvarez e Hijos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza