Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13988

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 7 de abril de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Enerxético de Galicia.

Por Orde do 17 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) anunciouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Enerxético de Galicia.

En virtude da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia, e do Decreto 280/1999, do 4 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Instituto, modificado polo Decreto 250/2003, a persoa titular da consellería competente en materia de Enerxía asumirá a Presidencia do Instituto Enerxético de Galicia.

Con base no establecido no Decreto 280/1999, modificado polo Decreto 250/2003, de acordo co artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
(DOG núm. 82, do 4 de maio) e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta Consellería do 17 de febreiro de 2016.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles se non indica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro no que cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Lado Lado, Zeltia.

NRP: 4690718202 A2060.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación: xerente.

Consellería: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Dependencia: Instituto Enerxético de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.