Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución conxunta ditada no expediente 211/191-27 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que se indica a continuación a resolución conxunta ditada polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 do Código civil e nos artigos 43 a 49, 59 e 60 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A persoa interesada poderá interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, nº 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se lle terá por notificada.

Número de expedientes: 2011/191-27, 2011/192-27 e 2011/193-27.

Interesado: Rafael Seco Posada.

Enderezo: rúa Pascual Veiga, nº 99, Burela, 27880 Lugo.

Asunto: continuación de medida.

Data da resolución: 19 de outubro de 2015.

Lugo, 17 de marzo de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo