Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución de recurso de alzada (expediente 15030008915E).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día coa resolución do recurso de alzada presentado pola interesada, publícase mediante este edicto a notificación da dita resolución, que pon fin á vía administrativa, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Concello

Mª Consuelo Pérez Barros

32752245S

15030008915E

Recurso de alzada desestimado

A Coruña