Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican diversas resolucións (expediente 36/00821-X/04 e catro máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións dictadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e que, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30), en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificadas.

As persoas que se citan no anexo xunto ao seu correspondente número de expediente, resolución e data desta, infórmanse de que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales se poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 22 de marzo de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data resolución

Reinaldo Pérez, Dámaso

53181026N

36/00821-X/04

Extinción

23.12.2015

Da Silva s/s, Edite Inés

X2369576R

36/00082-X/11

Extinción

23.12.2015

García Vidal, Lucía Victoria

35314212N

36/00485-I/12

Suspensión

19.2.2016

Groba González, Palmira

34876265P

36/00827-I/06

Denegación

25.2.2016

Costas Suárez, Miguel

36114277E

36/00617-I/15

Denegación

2.2.2016