Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2014/90-27.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que se indica a continuación a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e nos artigos 59 e 60 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A persoa interesada poderá interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se lle terá por notificada.

Número de expediente: 2014/90-27.

Interesado: Luis Alberto Montero Iglesias.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: cesamento de medida.

Data da resolución: 23 de febreiro de 2016.

Lugo, 18 de marzo de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo