Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13659

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da aprobación da reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2015, adoptou os seguintes acordos:

1º. Aprobar a reforma da bases terceira e décima das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, dándolles unha nova redacción que será a seguinte:

«Base terceira. Contido e alcance da delegación

Os concellos que desexen delegar na Deputación Provincial competencias nesta materia poderán facelo co seguinte contido:

Todas as competencias que os concellos teñan atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, xa estean atribuídas directamente pola propia norma, xa sexan asumibles en virtude dos convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación Provincial poida celebrar con calquera das administracións públicas, dos seguintes impostos:

1. Imposto sobre bens inmobles.

2. Imposto sobre actividades económicas.

3. Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Os concellos, ademais, poderán delegar as seguintes competencias, sempre que a Deputación Provincial dispoña dos medios persoais e materiais necesarios para asumilas, que aceptará unha vez incorporados o medios citados:

1. As competencias que teñen atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

2. As competencias que teñen atribuídas en materia de recadación, en período voluntario e período executivo, en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, todos eles de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón. O dito padrón anual poderá, como máximo, fraccionarse en dúas cotas semestrais, sempre que o concello titular recolla esta circunstancia na correspondente ordenanza fiscal municipal.

3. As competencias de xestión recadatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polos concellos en período voluntario, incluídas as sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo en virtude do cal tivese que se satisfacer cantidade líquida».

«Base décima. Compensación económica

Polo exercicio das funcións delegadas, a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en:

a) O 1 % do principal e dos xuros recadados en período voluntario.

b) O 75 % da recarga en período executivo procedente e dos xuros recadados neste período».

2º. Establecer que esta reforma terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2016 e será aplicable aos concellos con poboación inferior aos 20.000 habitantes.

3º: Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto 2616/2015, do 26 de outubro)

P.S.

Mª de Pilar García Porto

José Antonio Mourelle Cillero

Deputada delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas da Deputación Provincial de Lugo

Secretario xeral adxunto da Deputación Provincial de Lugo